Estamos a organizar xa o Campo de Voluntariado Ambiental do Río Tea, que como sabedes está dedicado ao control de flora exótica invasora nun treito de 3 Km do río Tea. En 2019 continuaremos coa mancha de Acacia dealbata encetada en 2017 e 2018 e divulgaremos as accións desenvolvidas nestes campos de voluntariado en quendas anteriores. Aproveitaremos tamén para coñecer a contorna do río Tea e os valores naturais e patrimoniais que alberga.
Será á fin de semana do 22, 23 e 24 de marzo.
O voluntariado participante terá o gastos de aloxamento e manutención cubertos. Contará cun seguro de accidentes e coa ferramenta axeitada. É preciso inscribirse. Prazas limitadas.
Para participar, cubre a Ficha de Inscrición e mándaa a ramses@adega.gal. Por teléfono tamén: 981 57 00 99
Podes decarregar o Cartaz da Xornada