O pasado sábado, 24 de abril, celebramos o curso de primavera do Proxecto Ríos, que xa vai pola súa edición número 32. Desta volta realizaouse nas instalacións do IES Arcebispo Xelmirez I en Santiago de Compostela.
Ás 10:30 foi a acollida dos/as participantes, e un cuarto de hora máis tarde daba comezo o curso de formación cunha introdución ao Proxecto Ríos a cargo de Ramsés Pérez e Paco Bañobre, que falaron sobre as actividades previstas, os materiais que se editaron a comezos de ano e o estado do Proxecto Ríos. Pódense ver as fotos da xornada nesta LIGAZÓN.
Logo, Itzíar Díaz, compañeira de ADEGA comentou a situacuión do proxecto Living Rivers no que se desenvolve unha acción educativa arredor dos ríos con diferentes países europeos, dentro dos programas Erasmus+.
A continuación, desprazámonos ata o río Sarela para facer a recollida de macroinvertebrados que serían identificados despois no laboratorio do IES. O recoñecemento das diferentes familias fíxose empregando as fichas de identificación do Proxecto Ríos e o indicador de estado de saúde que utiliza o voluntariado.
Ás 14:30 chegou o momento da clausura do curso no que participaron 27 persoas.