O sábado, 25 de setembro, celebramos o curso de outono do Proxecto Ríos, que xa vai pola súa edición número 33. Desta volta realizaouse nas instalacións do IES de Brión.
Ás 10:30 foi a acollida dos/as participantes, e un cuarto de hora máis tarde daba comezo o curso de formación cunha introdución ao Proxecto Ríos a cargo de Ramsés Pérez e Paco Bañobre, que falaron sobre as actividades previstas, os materiais que se editaron e o estado do Proxecto Ríos. Pódense ver as fotos da xornada nesta LIGAZÓN.
Logo, Adrián Lamosa, da empresa Sorex, fixo unha presentación da nova App do Proxecto Ríos que servirá para enviar os resultados das inspeccións que realice o voluntariado, facilitando o rexistro dixital dos datos.

A continuación, e logo de facer probas cos computadores, móbiles e tablets das persoas participantes, achegámonos ate o río Pego para facer a recollida e identificación de macroinvertebrados, actividade central dos cursos de formación. Aproveitamos para poñer e uso tamén a App recien instalada nos dispositivos dos participantes.

Logo da identificación dos invertebrados, realizouse unha posta en común sobre as diferentes familias para darlle un estado de saúde ao río e comentar incidencias ou melloras que se lle poden incorporar á App durante o 2022.

Participaron neste curso 18 persoas.