O 15 de setembro deu comezo a campaña de inspeccións do Proxecto Ríos de outono de 2025 e se estenderá ate o 31 de outubro. Durante as campañas de inspección, o voluntariado participante sae aos seus treitos de río para facer o estudo da calidade ecolóxica. Para iso reciben no seu domicilio os reactivos necesarios para as análises fisico-químicas. Se precisas o material de campo para as inspeccións podes contactar con nos. Na zona de descargas da web poderedes atopar ficha de campo para anotar os resultados das vosas inspeccións.
Durante as campañas organizamos diferentes actividades. Para este outono temos programados unha xornada de formación para o persoal de administracións; a XVIII Limpeza Simultánea de Ríos. Tamén realizaremos saídas formativas cos grupos que o soliciten e volveremos a participar no Plan Proxecta da Consellería de Educación. Haberá roteiros divulgativos e unha Xornada Divulgativa de Portas Abertas. Estade Atentas!
Iremos anunciando tanto na web de ADEGA como na do Proxecto Ríos a información para poder participar nestas e outras actividades. Tamén a través do boletín Gardarríos iremos anunciando as actividades. Se non estás inscrita/o a esta lista de distribución e queres facelo, envía un correo a proxectoriosgaliza@gmail.com
Para solicitar unha saída formativa, escribe un mail a: proxectoriosgaliza@gmail.com
Podes chamar tamén ao teléfono 981 57 00 99
Durante este 2025 Proxecto Ríos conta co apoio da Deputación provincial da Coruña e está en vía de renovar a colaboración coa Confederación Hidrográfica Miño- Sil (CHMS).