Súmate á corrente do Proxecto Ríos! Este próximo sábado, 14 de xuño, convidámoste a participar nunha xornada de portas abertas para coñecer o programa de voluntariado ambiental en ríos máis emblemático do país. Terá lugar na Carballeira de Baio, en Zas, en sesión de mañá (de 10:30 a 13:30 h). Alí presentaremos as actividades e iniciativas impulsadas pola equipa ambiental que promove o proxecto e baixaremos ata o río de Baio para coñecer a contorna e facer unha inspección da súa calidade.
Anímaste? #SúmateáCorrente! Podes inscribirte AQUÍ.

