• 981 57 00 99
  • info@proxectorios.org
spankbang www.pornhub.black xvideis

Bioblitz Fluvial

Seguimento de micromamíferos

  • Estado da actividade:Actividade rematada
  • Data de inicio:16/10/2025
  • Data de finalización:17/10/2025
  • Organizadores:Proxecto Ríos
  • Categoría:Descuberta de biodiversidade
Ciencia cidadá, Formación, Voluntariado

Bioblitz Fluvial

Seguimento de Micromamíferos. Desta volta queremos achegarnos ao estudo de determinados grupos de fauna. Participaremos no programa de Seguimento de Micromamíferos Comúns de España (SEMICE) promovido pola Sociedade Española para a Conservación e Estudo dos Mamíferos (SECEM).

Este seguimento consiste na colocación de trampas para capturar pequenos mamíferos aos que logo se lles realiza unha biometría e marcado para o seu rexistro. Estas accións son realizadas por G.E.A.S. (Grupo Especialista en Animais Salvaxes) que coloca as trampas e realiza o inventario. O voluntariado participante acompañará aos biólogos expertos na revisión das trampas e no marcado e medicións dos exemplares.

As actuacións desenvolveranse no concello de Rois, na aldea de Martelo e nos arredores de dous regatos: Rego de Portabre e Rego do Feal Maior.
A revisión das trampas realizarase a primeira hora da mañá para evitar danos nos individuos capturados e poder liberalos canto antes. O horario previsto será de 8:00 a 10:00, tanto o xoves 16 como o venres 17.

Para saber máis sobre o SEMICE

Para participar nesta actividade é preciso inscribirse a través do seguinte FORMULARIO

trydildo.net amateurfetishist.com todominate.org