Un ano máis iniciamos as saídas formativas do Proxecto Ríos. Estas actividades consisten no acompañamento aos grupos participantes nas súas inspeccións de río.

Como novidade este ano o Proxecto Ríos ofrece a instalación da exposición ’20 Anos de Proxecto Ríos’ editada en 2025 co gallo do vixésimo aniversario. Son 11 paneis que recollen as actividades máis salientables do proxecto realizadas durante estas dúas décadas. Co lema de #SúmateáCorrente: “20 anos Unindo Ríos e Persoas” queremos aumentar durante o 2026 o caudal do Proxecto Ríos.
Se queres que instalemos a Expo dos 20 Anos do Proxecto Ríos, podes solicitala e obter máis info nos mesmos correos electrónicos e teléfonos.
Se estás interesada/o en que acompañemos ao teu centro de ensino, asociación, grupo de voluntariado, concello, etc.. ao río, contacta con nos: proxectoriosgaliza@gmail.com / ramses@adega.gal e consúltanos as opcións que temos para facer unha saída formativa.
Podes contactar tamén a través dos teléfonos: 981 57 00 99 / 628 378 804 / 616 23 80 50
En breve dará comezo a Campaña de Primavera de 2026, na que enviaremos os reactivos e programamos, ademais das saídas formativas, outras actividades como cursos de formación, roteiros, actividades de custodia fluvial, campos de voluntariado etc… Informaremos a través do Boletín Gardarríos, ao que te podes anotar se aínda non o estás picando nesta LIGAZÓN
