
Co lema Avante Proxecto Ríos. 20 Anos Unindo Ríos e Persoas en 2025 editamos unha exposicións que percorre a traxectoria do programa de educación e voluntariado ambiental con maior implantación e participación en Galiza.
Son 11 paneis nos que se recollen as iniciativas e actividades realizadas ao longo dos últimos 20 anos na defensa e conservación dos ecosistemas fluviais galegos.
Durante o 2026 instalaremos a exposición en diferentes lugares. Se o teu centro de ensino, concello, asociación, centro social, etc, está na provincia da Coruña e está interesado, contacta con nos!
628 37 88 04
