As Especies Exóticas Invasoras son un gran problema ambiental debido a diversos factores como desprazamento de fauna autóctona, a erosión das ribeiras dos ríos, a perda de biodiversidade e a alteración dos hábitats fluviais. Por iso, dende o Proxecto Ríos levamos a cabo diferentes accións de educación e sensibilización de cara a que a cidadanía coñeza os risco que supoñen estas especies para a supervivencia dos nosos ecosistemas.
Tamén, da man do voluntariado ambiental, facemos xornadas de control e eliminación destas especies, centrando os nosos esforzos en entornos de Red Natura e edítanse fichas de flora e fauna exóticas, cos obxectivos de inventariar a súa presenza nos ríos galegos e de divulgar a súa problemática a nivel global.
