A participación cidadá é a ferramenta fundamental que permite camiñar cara a unha sociedade máis sensibilizada e capacitada para emprender accións de protección e mellora destes ecosistemas. O voluntariado ambiental do Proxecto Ríos é a peza fundamental desta iniciativa. Sen o seu labor, o proxecto non tería acadado a actual repercusión. Grazas á súa participación, aumentou e diversificou as propostas e accións desenvolvidas nos ecosistemas fluviais.
A formación do voluntariado ambiental participante é unha prioridade, que garante que as persoas que van saír ao río teñan as capacidades e destrezas suficientes para desenvolver a súa tarefa. Por este motivo, dende o Proxecto Ríos téntase que todos os grupos que se suman á iniciativa asistan a algunha das propostas formativas, ben sexa participando nos cursos de formación ou nas saídas formativas.
