O sábado 16 de xuño celebramos a 14ª edición dos encontros de voluntariado do Proxecto Ríos. Esta actividade ten o obxectivo de facer protagonistas aos voluntarios e voluntarias que participan no Proxecto Ríos.
En 2018 continuamos propoñendo facer unha descuberta de biodiversidade (Bioblitz) para profundizar máis no coñecemeto da flora e a fauna que habita nos nosos ríos e ribeiras. Desenvolveuse esta actividade nas ribeiras do río Verdugo.
Comezamos a actividade ás 10:00 da mañá. Logo de reunirnos cos participantes en na ponte que cruza o río na vila de Pontecaldelas, comezamos o percorrido identificando xa especies de aves polo canto, flora e a fauna que iamos atopando. Para todo isto, estivemos acompañandos de Cosme Damián Romay. Tamén estivemos acompañsado por integrantes do Colectivo A Rente do Chan de Pontecaldelas, así como polos gardas fluviais da bacía do Verdugo – Oitavén. Fomos así percorrendo o Verdugo polo paseo fluvial ata a praia fluvial de A Calzada onde fixemos un pequeno descanso e reagrupamos aos participantes. Cantinuamos río arriba atopando fermosos lugares á beria do río. Chegou un momento no que o camiño facíase difícil de percorrer, momento no que dimos volta para desfrutar dun xantar ofrecido polo Proxecto Ríos. Logo do xantar foi o tempo de facer un repaso das especies vistas. En total identificáronse un total de 150 especies tanto de flora como de fauna.
Ás 18:30 puxemos fin ao decimotercer encontro cunha participación de 22 persoas, esperando atoparnos nas vindeiras actividades.