Estas dúas actividades foron organizadas co obxectivo de dar a coñecer os valores naturais da conca alta do río Ulla. Este é un espazo único definido por unha xeoloxía moi característica que lle confire ao solo unhas propiedades que permite a vida dunha flora única no mundo. Este espazo actualmente está ameazado por un proxecto de construción dunha macroindustria contaminante, polo que consideramos importante divulgar os seus valores naturais. Ambas actividades espertaron interese entre a poboación xa que completamos as prazas ofertadas.
A primeira actividade consistiu nun bioblitz ou descuberta da biodiversidade guiada por persoal experto. Tivo lugar o domingo 21 de xullo no concello de Santiso. Previamente todas as persoas participantes, que foron 15 en total, recibiron no seu correo electrónico indicacións como instalar unha aplicación para axudar coa identificación de diferentes especies. A aplicación que utilizamos foi https://observation.org/pages/mobile-apps/
O propio día derónse indicacións de como usala e os resultados foron os seguintes: Segundo as estatísticas de Observation.org aparecen:
115 especies
169 observacións
Roteiro
O roteiro foi anunciado para o domingo 11 de agosto mais foi suspendido pola organización por mor da onda de calor anunciada para ese fin de semana. A nova convocatoria foi o 1 de setembro e o punto de encontro a escola municipal de música de Visantoña, o percorrido foi pola beira do encoro de Pozomouro e participaron máis de 20 persoas. Foi unha xornada agradable un experto contounos o prexuízo que pode ocasionar unha celulosa na contorna, cuxa captación de augas sería o propio encoro. Tamén fixo unha interpretación da contorna sobre todo da flora que observamos. O xantar tivo lugar na Eira da Xoana e para rematar coñecimos a contorna.
Na difusión destas actividade contamos coa colaboración de Santiso Vivo, a plataforma Ulloa viva e a Eira da Xoana.
Actividades financiadas pola Deputación da Coruña