Este curso de formación tivo lugar dentro da campaña de outono do 2024 o sábado 28 de setembro no concello de Soutomaior. O eixo central do curso foi o Proxecto Ríos como recurso para a docencia, e como non, tivo lugar nun centro educativo, concretamente IES de Soutomaior, que ofreceron desinteresadamente as súas instalacións para o desenvolvemento do mesmo. O Proxecto Ríos xa está implantado en moitos centros de ensino dende hai moitos anos, como é o caso do IES de Pontecaldelas no que se fixo a primeira inspección no ano 2005, momento no que o Proxecto Ríos aínda estaba en fase de experimentación. Dúas docentes deste centro, Andrea Vázquez e Susi Veiga, explicaron como utilizan a metodoloxía do PR para impartir o curriculum de diferentes materias, sendo un proxecto de centro.

A continuación saímos ao río, tivemos que camiñar sobre 10 minutos. Recollimos mostras perto da desembocadura do río Verduxo e no seu afluente o Rego dos Muiños. Unha vez recollidas as mostras levámolas ao laboratorio e dous investigadores do grupo de bioloxía ambiental da Universidade de Vigo, Alejandro Polina e Yasmina Barciela, axudáronnos a identificar os diferentes macroinvertebrados para poder otorgarlle unha calidade ao río.

Neste curso houbo 23 participantes na súa maioría docentes interesados en iniciar este proxecto nos seus centros, aproveitaron para recoller o material e resolver dúbidas, xa que estes cursos son tamén un espazo para compartir información e experiencias. Nos próximos días realizaremos saídas de formación na zona co obxectivo de achegar a máis persoas aos ríos e sementar conciencia sobre a importancia da conservación destes ecosistemas tan importantes para a vida. O curso rematou ás 14:30h

O Proxecto Ríos é un proxecto de ADEGA e esta actividade foi financiada por Augas de Galicia