O pasado 24 de maio o Proxecto Ríos realizou a 40 edición das xornadas de formación que organiza para fornecer ao voluntariado na metodoloxía de inspección empregada para recoñecer a calidade ecolóxica dos cursos fluviais. A formación está centrada na recollida e indentificación de macroinvertebrados, animais bioindiocadores que nos informan do estado de saúde dun treito de río. Ademais se comentan outras cuestións relacionadas coa conservación dos ecosistemas fluviais así como a programación de actividades.

O curso de formación desenvolveuse no local de ADEGA, onde María Amigo e Itzíar Díaz, educadoras ambientais, acompañaron na formación ás persoas participantes. Iniciouse uo curso ás 10:00h cunha presentación sobre o estado do Proxecto Ríos. A continuación o grupo desprazouse ata o río Sarela en Santiago de Compostela para facer a recollida e identificación das mostras.

Ás 14:00 púxose fin ao curso no que participaron 11 persoas.

