Para o Día Mundial da Migración de Peixes, o 14 de maio, a World Fish Migration Foundation organiza un maratón especial de 24 horas de seminarios en liña. Neste seminario, persoas expertas en migración de peixes falaranos de vías de migración, do estado da poboación das especies e das súas tendencias. Investigadores e xpertas de cada continente comparten as mellores prácticas sobre o que vai ben e contribuen a tomar de decisións. É unha invitación para xente de todo o mundo que teña interese polos ríos, os peixes e a natureza.
Na seguinte ligazón podedes ver a axenda e outros detalles de como rexistrarte. O idioma será o inglés
https://www.worldfishmigrationfoundation.com/global-swimways-webinar-marathon/
Aproveitade a ocasión, para amantes dos ríos, estudantes e ONG pode ser unha boa experiencia de aprendizaxe sobre os peixes migradores.
Por favor, comparte todo o que poidas.