Limpeza Simultánea de Ríos
Proxecto Ríos
  • Móllate polos ríos
  • Limpezas de río
  • Participantes 2022
  • Colaboradores 2022
  • Limpezas Realizadas

Móllate polos ríos

O Proxecto Ríos xa leva organizando dende o 2008 este día de Limpeza Simultánea en numerosos concellos de Galiza. É un día no cal voluntarios e voluntarias saen aos seus ríos para recoller o lixo que atenta contra a riqueza dos nosos ecosistemas fluviais. Miles de quilogramos de refugallos xa foron extraídos de moitos ríos galegos polos centos de voluntarios/as que teñen participado nas limpezas anteriores.

Animámosvos a participar este ano para que vaiades ao voso río e recollades ese lixo que acaba coa súa biodiversidade e beleza.

O máis importante deste día é a labor de concienciación social que entre todos e todas realizamos. Axudamos a manter un bo estado de conservación nos nosos ecosistemas fluviais e facémoslle ver á cidadanía que as pequenas accións valen moito.

Se estás interesado en participar podes porte en contacto con nós:

Correo:

proxectoriosgaliza@gmail.com

Tlf. 981 57 00 99

3 Responses to “Móllate polos ríos”

  • Ames volve sumarse á limpeza de ríos simultánea por toda Galicia - AMSGO! di:
    Setembro 20, 2022 ás 3:48 p.m.

    […] a ficha de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. Na páxina web para a limpeza http://proxectorios.org/limpeza/ especifícase que é a limpeza, onde se celebrará, os contactos dos/das coordinadores/as, e as […]

  • ADEGA convoca para o vindeiro domingo a XV Limpeza Simultánea de Ríos galegos - 21 Noticias di:
    Setembro 22, 2022 ás 5:20 a.m.

    […] nos ecosistemas fluviais polo que se repartirá un Protocolo de Limpeza de ríos que tamén se pode descarregar da web. Neste sitio web tamén se pode consultar a relación de entidades, concellos e ríos nos que se […]

  • Queremos o Umia limpo; móllate polos ríos | Colectivo Ecoloxista do Salnés di:
    Setembro 22, 2022 ás 10:57 a.m.

    […] proxectorios.org/limpeza […]


  • Móllate polos ríos
  • Limpezas de río
  • Participantes 2022
  • Colaboradores 2022
  • Limpezas Realizadas

Powered by WordPress. Design: Baza Noclegowa.