15 de setembro dará comezo a campaña de inspeccións do Proxecto Ríos de outono de 2020 e se estenderá ate o 15 de novembro. Durante as campañas de inspección o voluntariado participante sae aos seus treitos de río para facer o estudo da calidade ecolóxica. Tamén durante as campañas organizamos diferentes actividades. Para este outono temos programado o 31º Curso de Formación e a XIII Limpeza Simultánea de Ríos. Tamén realizaremos saídas formativas cos grupos que o soliciten. Todas estas actividades faranse respectando os protocolos relacionados coa actual situación de pandemia provocada pola Covid-19.
Para solicitar unha saída formativa ou anotarse ás actividades programadas, escribe un mail a: proxectoriosgaliza@gmail.com
Podes chamar tamén ao teléfono 981 57 00 99.