O 15 de setembro da comezo a campaña de inspeccións do Proxecto Ríos de outono de 2022 e se estenderá ate o 31 de outubro. Durante as campañas de inspección o voluntariado participante sae aos seus treitos de río para facer o estudo da calidade ecolóxica. Tamén durante as campañas organizamos diferentes actividades. Para este outono temos programado o 35º Curso de Formación e a XV Limpeza Simultánea de Ríos. Tamén realizaremos saídas formativas cos grupos que o soliciten.
Para solicitar unha saída formativa ou anotarse ás actividades programadas, escribe un mail a: proxectoriosgaliza@gmail.com
Podes chamar tamén ao teléfono 981 57 00 99