O 15 de setembro deu comezo a campaña de inspeccións do Proxecto Ríos de outono de 2019 e se estenderá ate o 15 de novembro. Durante as campañas de inspección o voluntariado participante sae aos seus treitos de río para facer o estudo da calidade ecolóxica. Tamén durante as campañas organizamos diferentes actividdades. Para este outono temos programado o Curso de Formación do Proxecto Ríos número 30, e a XII Limpeza Simultánea de Ríos. Xa te podes anotar a estas actvidades se estás interesado/a.
Cos datos recollidos polo voluntariado o Proxecto Ríos elabora o Informe Anual do Proxecto.