Organizamos xunto á delegación de ADEGA en Compostela unha xornada de voluntariado para a eliminación de flora invasora na finca custodiada por ADEGA á beira do río Sar, entre os concellos de Ames de Santiago de Compostela.
Actuarase sobre a Tradescantia fluminensis, especie exótica de elevado impacto nos ecosistemas fluviais.
A xornada será o 25 de abril en horario de 10:00 a 14:30h. O punto de encontro será AQUI
O voluntariado participante contará co material axeitado e seguro de responsabilidade civil e accidentes.
Actividade de balde mais é preciso inscribirse a través do seguinte formulario: Inscrición
Para máis información, podedes enviar un correo electrónico a adegacompostela@adega.gal ou chamar ao 722 230 663 (Itziar).
Esta actividade conta co financiamento da Deputación da Coruña
