O 15 de setembro da comezo a campaña de inspeccións do Proxecto Ríos de outono de 2018 e se estenderá ate o 1 de novembro. Durante as campañas de inspección o voluntariado participante sae aos seus treitos de río para facer o estudo da calidade ecolóxica. Tamén durante as campañas organizamos diferentes actividdades. Para este outono temos programado o curso de formación de outono, a limpeza simultanea de ríos e un campo de voluntariado no río Tea. Xa te podes anotar a estas actvidades se estás interesado/a. Podes atopar máis información na web do Proxecto Ríos e no boletín Gardarríos.
Cos datos recollidos polo voluntariado o Proxecto Ríos elabora o informe do estado de saúde dos ríos galegos.