• 981 57 00 99
  • info@proxectorios.org
spankbang www.pornhub.black xvideis

Noites dos Morcegos

  • Estado da actividade:Prazo aberto
  • Data de inicio:06/07/2022
  • Data de finalización:13/06/2022
  • Organizadores:Proxecto Ríos
  • Categoría:Noites dos Morcegos
Formación, Voluntariado

Noites dos Morcegos

Proxecto Ríos vai realizar o vindeiro mes de xullo dous cursos de formación sobre quirópteros e bosque de ribeira, que se impartirán baixo o nome de “Noites dos morcegos”

Estas sesións teñen por finalidade difundir e sensibilizar a sociedade sobre a importancia ecolóxica dos morcegos e realízanse en máis de trinta países de toda Europa a través do proxecto EuroBats (www.eurobats.org) que cumpriu 30 anos no 2021.
Os morcegos achegan grandes beneficios aos seres humanos como son a regulación da poboación de insectos (entre eles moitas especies praga) e son excelentes bioindicadores de diferentes tipos de ecosistemas, como no caso dos bosques de ribeira. Estudando as súas poboacións podemos detectar cambios na calidade ecolóxica da auga e tamén dos bosques de ribeira.

Quiroríos e ciencia cidadá

A primeira das sesións terá lugar o vindeio mércores 6 de xullo en Monforte de Lemos, e a segunda desenvolverase o 12 de xullo en Montederramo. En horario de tarde-noite, ambas as dúas xornadas realizarase unha formación teórico-práctica sobre o programa de ciencia cidadá “Quiroríos” que en Galiza coordinan o grupo GEAS e ADEGA. Quiroríos é un protocolo para o seguimento dos morcegos nos cursos fluviais como indicadores da calidade da auga e dos bosques de ribeira, aberto a calquera persoa que queira participar, pois non hai que ser unha persoa experta para facelo.
Dende o Proxecto Ríos de ADEGA ofrecemos ao voluntariado ambiental a oportunidade de participar na mostraxe dos quirópteros da man de persoal experimentado. No desenvolvemento das dúas noites de morcegos, contaremos coa colaboración de Xosé Pardavila de Sorex, investigador e especialista na xestión de fauna salvaxe. A actividade conta co financiamento da Confederación Hidrográfica do Miño Sil. A inscrición é gratuíta e as praças son limitadas para cada sesión formativa.

Para participar é preciso inscribirse enviando a Ficha de Inscrición a: ramses@adega.gal
Ou chamar ao 616 238 050

Ficha de Inscrición

Cartaz do 06/07/2022

Cartaz do 12/07/2022

 

trydildo.net amateurfetishist.com todominate.org