• 981 57 00 99
  • info@proxectorios.org
spankbang www.pornhub.black xvideis

Roteiro á beira do Sar

  • Estado da actividade:Actividade rematada
  • Data de inicio:17/12/2025
  • Data de finalización:17/12/2025
  • Organizadores:Proxecto Ríos
  • Categoría:Roteirríos
Roteirríos, Voluntariado

Roteiro á beira do Sar

O Proxecto Ríos de ADEGA, en colaboración coa Eira da Xoana, organiza o mércores 17 de decembro, de 11:00 a 14:00 horas, unha visita guiada á finca custodiada por ADEGA, situada á beira do río Sar, no Concello de Ames. Trátase dun roteiro interpretativo no que exploraremos os valores naturais, ecolóxicos e patrimoniais deste espazo, en proceso de posta en valor.

Ao longo do ano 2025, no marco do convenio entre ADEGA e a Deputación da Coruña, desenvolveronse diversas accións: a delimitación da finca, a identificación de flora e fauna mediante unha inspección do Proxecto Ríos e a colocación dunha cámara de fototrampeo para o inventariado da fauna silvestre. Con este roteiro queremos amosar as potencialidades que ofrece este espazo para a conservación da biodiversidade e do patrimonio cultural.

Durante o percorrido achegarémonos aos restos da Ponte Cabirta, unha ponte posiblemente medieval que cruzaba o río Sar á altura do Castro de Quistiláns, na parroquia de Bugallido. Tamén visitaremos os petróglifos presentes na zona, que gardan parte da historia máis antiga deste territorio. Ao longo do roteiro, estaremos acompañadas pola Plataforma en Defensa do Sar e pola Asociación A Rula.

As prazas son limitadas, polo que é preciso realizar inscrición previa a través do 👉 FORMULARIO DE INSCRICIÓN: https://i.gal/roteirosar

As persoas inscritas recibirán por correo electrónico o punto de encontro e as normas básicas para participar no roteiro.

Programa da xornada:

  • 11:00 h · Recepción e presentación
  • 11:15 h · Inicio do roteiro interpretativo
  • 12:30 h · Visita á Ponte Cabirta e aos petróglifos
  • 14:00 h · Remate da actividade

Esta actividade conta co apoio da Fundación Eira da Xoana e está financiada pola Deputación da Coruña no marco do Proxecto Ríos de ADEGA.

trydildo.net amateurfetishist.com todominate.org