PRAZAS ESGOTADAS!
Organizamos un roteiro pola ribeira do Tambre, ao seu paso por Sigüeiro, para a identificación de cogomelos. Terá lugar o próximo sábado, 16 de novembro, cunha duración de, aproximadamente, 4 horas, en horario de 10:00 h a 14:00 h.
O roteiro estará guiado por Santiago Corral da Agrupación Micolóxica – Naturalista Liboreiro de Bueu.
As prazas son limitadas e é preciso inscribirse a través deste FORMULARIO.
As persoas inscritas recibirán un correo co punto de encontro e as normas básicas para o roteiro.
Programa:
10:00 h Recepción das persoas participantes e presentación.
10:30 h Inicio do roteiro.
12:30 h Descanso.
14:00 h Remate da xornada.
Esta é unha actividade financiada pola Deputación da Coruña.
Anímate e ven canda nós!