• 981 57 00 99
  • info@proxectorios.org
spankbang www.pornhub.black xvideis

XIV Limpeza Simultánea de Ríos

  • Estado da actividade:Actividade rematada
  • Data de inicio:24/09/2021
  • Data de finalización:26/09/2021
  • Organizadores:proxecto rios
  • Categoría:limpeza de ríos
Voluntariado

XIV Limpeza Simultánea de Ríos

O Proxecto Ríos xa leva organizando dende o 2008 este día de Limpeza Simultánea en numerosos concellos de Galiza. É un día no cal voluntarios e voluntarias saen aos seus ríos para recoller o lixo que atenta contra a riqueza dos nosos ecosistemas fluviais.
Pretendemos así concienciar á sociedade da necesidade de manter limpos de lixo os nosos cursos fluvias como premisa para garantir a súa saúde.
Este ano 2021 celebramos a décimo cuarta edición da limpeza simultánea de ríos.

O domingo 26 de setembro é a data na que se realizará a actividade. Para participar podes unirte a algún grupo organizado preto do teu concello ou ben promover a limpeza nun río actuando de coordinador/a. Xa se poden consultar os contactos dos coordinadores en cada zona na Web da Limpeza.

Convocaremos aos grupos participantes do Proxecto Ríos a que se unan, un ano máis, a esta inciativa que mobilizou en quendas anteriores a miles de voluntarios e voluntarias e nas que se retiraron decenas de toneladas de residuos.
Tamén convocamos á sociedade en xeral a participar: asociacións, concellos, centros de ensino etc…
Xa podedes consultar na web da limpeza a información para este ano 2021.
Podes botarlle un ollo ás accións dos anos anteriores

Anímate a participar!!

Para facelo, escribe un mail a: proxectoriosgaliza@gmail.com

trydildo.net amateurfetishist.com todominate.org