Organizamos un novo curso de formación do Proxecto Ríos no que pretendemos fornecer ao voluntariado participante na metodoloxía de recollida e na identificación de macroinvertebrados, animais bioindicadores que empregamos para determinar a calidade ecolóxica do río e outros aspectos que poden ser de interese sobre os ecosistemas fluviais. Este segundo curso de formación realizado na campaña de outono na demarcación de Galicia Sur de 2024 terá lugar na Casa do Pobo de Rebordelo (Cerdedo-Cotobade) o sábado 19 de outubro.
A xornada desenvolverase en horario de mañá e de tarde. Ademais da saída ao río para recoller e identificar macroinvertebrados, realizarase unhs aproximación á custodia do territorio como ferramenta de conservación e unha visita ao Couto da Eirexiña, espazo custodiado por ADEGA.
O programa é o seguinte:
10:30 Recepción
10:45 Presentación do Proxecto Ríos e entrega de material
11:15 Saída ao río para a recollida de macroinvertebrados
11:45 Identificación de macroinvertebrados
13:15 A custodia do territorio como ferramenta de conservación
14:00 Peche do curso e xantar popular
16:00 Visita ao Couto da Eirexiña
18:00 Peche
O curso é gratuíto mais compre inscribirse previamente a través deste FORMULARIO
Máis información: marialafuente@adega.gal