O Proxecto Ríos xa leva organizando dende o 2007 este día de Limpeza Simultánea en numerosos concellos de Galiza. É un día no cal voluntarios e voluntarias saen aos seus ríos para recoller o lixo que atenta contra a riqueza dos nosos ecosistemas fluviais.
Pretendemos así concienciar á sociedade da necesidade de manter limpos de lixo os nosos cursos fluviais como premisa para garantir a súa saúde.
Este ano 2024 celebramos xa a 17ª edición da limpeza simultánea de ríos.
O domingo 29 de setembro é a data na que se realizará a actividade. Para participar podes unirte a algún grupo organizado preto do teu concello ou ben promover a limpeza nun río actuando de coordinador/a.
Podes ver xa na web da limpeza os contactos das persoas coordinadoras en cada lugar: Ligazón
Convocaremos aos grupos participantes do Proxecto Ríos a que se unan, un ano máis, a esta inciativa que mobilizou en quendas anteriores a miles de voluntarios e voluntarias e nas que se retiraron decenas de toneladas de residuos.
Tamén convocamos á sociedade en xeral a participar: asociacións, concellos, centros de ensino etc…
Podes botarlle un ollo ás accións dos anos anteriores
Anímate a participar!!
Para facelo, escribe un mail a: mollatepolosrios@proxectorios.org
Esta actividade está financiada por:
Augas de Galicia, Deputación de Coruña e Confederación Hidrográfica del Miño-Sil