Durante as campañas de inspección de ríos o Proxecto Ríos desenvolve cursos de formación para fornecer ao voluntariado participante na metodoloxía de recollida e na identificación de macroinvertebrados, animais bioindicadores que empregamos para determinar a calidade ecolóxica do río. O curso de formación de outono de 2021 realizarase no IES de Brión no concello de Brión o sábado 25 de setembro de 2021
Ademais, trátanse outros aspectos de interese sobre os ríos, das actividades programadas e do estado do Proxecto Ríos.
O Programa provisional é:
10.30 Chegada e entrega de material
10.45 Estado do Proxecto Ríos
11.15 App do Proxecto Ríos, Adrián Lamosa
12.30 Identificación de macroinvertebrados no laboratorio.
14.30 Clausura do curso
Se estás interesado/a en participar, anótate!
Teléfono: 616 238 050
e-mail: ramses@adega.gal