A actividade terá duas partes, realizarase unha Noite dos Morcegos que ten por finalidade difundir e sensibilizar á sociedade sobre a importancia dos morcegos. Unha actividade que se ven desenvolvendo en máis de trinta países de Europa a través do proxecto EuroBats (www.eurobats.org) que cumpre 30 anos en 2021.
Así mesmo, realizarase unha formación teórico práctica sobre o programa Quiroríos. Quiroríos é un protocolo para o seguimento dos morcegos nos cursos fluviais como indicadores da calidade da auga e dos bosques de ribeira. Calquera que non sexa un experto pode facelo. Non obstante, organizamos xornadas de formación para promover a aprendizaxe do protocolo. Ademais, ofrecemos aos novos voluntarios a oportunidade de participar na mostraxe con observadores máis experimentados. Só se realiza unha mostra ao ano durante aproximadamente dúas horas, entre os meses de xuño, xullo e agosto.
Realizaranse duas sesións, co apoio da Confederación Hidrográfica Miño Sil:
–05 de agosto, Allariz
–11 de agosto, Monforte de Lemos
As actividades serán en horario de tarde noite.
Para participar é preciso inscribirse enviando a Pre_Inscricion_Cursos_Morcegos_2021 a: ramses@adega.gal
Cartaz da Xornada 05/08/2021
Prazas limitadas e normas Covid vixentes