Na fin de semana do 5 ao 7 de maio tivo lugar o campo de voluntariado para eliminación de flora exótica invasora no tramo custodiado do río Tea.
Desta volta, revisamos os traballos feitos nas eliminacións anteriores. Xunto co voluntariado asistente elimináronse rebrotes de Acacia dealbata, Robinia pseudoacacia e unha pequena mancha de Phytolacca americana.
Pódense ver as fotos do campo no:
A xornada comezou o venres 5 as seis da tarde onde Itziar Díaz impartíu unha charla sobre a problemática das especies exóticas invasoras e a situación do río Tea falando tamén dos traballos realizados nos anteriores campos de voluntariado.
Esta charla fíxose no albergue de Alentea (Covelo) onde o voluntariado estivo aloxado durante o campo de voluntariado.
Na mañá do sábado, o voluntariado achegouse ata Ponte Cernadelas, ao carón de Mondariz, para iniciar o percorrido río arriba do treito de 3Km no que o Proxecto Ríos ten un acordo de custodia coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil.
Antes de cruzar a ponte medieval eliminouse un pe de Phytolacca americana e explicouse a metodoloxía de traballo
Ao cruzar a ponte, a actuación centrouse na eliminación de rebrotes de R. pseudoacacia dos restos das árbores cortadas pola cuadrilla de gardería fluvial, que desenvolve accións de xestión da flora exótica invasora no río Tea.
Actuouse tamén nunha mancha de bambú (Phyllostachys spp.) que se atopa no camiño e elimináronse rebrotes puntuais de Acacia dealbata.
Cara o final da mañá, eliminouse unha pequena mancha de Phytolacca americana.
A tarde do sábado estivo adicada a comprobar a calidade ecolóxica do río Tea empregando a metodoloxía de inspección do Proxecto Ríos. Foise río abaixo dende os pasos pasos de Tatín ate o lugar onde se realizaron os estudos de calidade. Aproveitouse tamén para inspeccionar as zonas de traballo en campos anteriores comprobando a ausencia de rebrotes de EEI.
O domingo, para rematar, fíxose unha pequena visita á Rectoral de Barciademeda e ao río Alén.
O roteiro do Alén, incluído dentro da Rede Natura 2000, destaca polo seu bosque de ribeira de ameneiros (Alnus glutinosa) e freixos (Fraxinus angustifolia) e por posuír unhas das carballeiras termófilas mellor conservadas da provincia de Pontevedra, caracterizada por carballos (Quercus robur), loureiros (Laurus nobilis), silbardeiras (Ruscus aculeatus) e outra flora acompañante.