O pasado sábado, 23 de abril, celebramos o curso de primavera do Proxecto Ríos, que xa vai pola súa edición número 34. Realizaouse nas instalacións do IES de Brión en Brión. Ás 10:30 foi a acollida dos/as participantes, e un cuarto de hora máis tarde daba comezo o curso de formación cunha introdución ao Proxecto Ríos a cargo de Ramsés Pérez e Paco Bañobre, que falaron sobre as actividades previstas, os materiais que se editaron a comezos de ano e o estado do Proxecto Ríos. Pódense ver as fotos da xornada nesta LIGAZÓN.
Logo, Ana Fernández, vogal de augas de ADEGA, impartíu unha conferencia sobre a importancia do bosque de ribeira para a conservación dos ecosistemas fluviais. Falou tamén sobre os índices que existen para avaliar a calidade destas masas de árbores.
A continuación, desprazámonos ata o río Pego para facer a recollida de macroinvertebrados que serían identificados despois no laboratorio do IES. O recoñecemento das diferentes familias fíxose empregando as fichas de identificación do Proxecto Ríos e o indicador de estado de saúde que utiliza o voluntariado.
Ás 14:30 chegou o momento da clausura do curso no que participaron 31 persoas.
Anexamos tamén un vídeo da xornada que realizou un dos participantes: