O sábado, 22 de abril, realizouse o XXXVI curso de primavera do Proxecto Ríos destinado ás persoas coordinadoras de grupos do Proxecto Ríos. Tendo lugar esta xuntanza no IES de Brión.
O curso comezou ás 10:00h dándolle acollida ás persoas participantes e facilitándolle o material necesario. Tras pasar 20 minutos a xornada deu comezo, onde Paco Bañobre explicou brevemente cal era a orde do programa que se iba a levar a cabo e fixo unha breve introdución ao Proxecto Ríos. Na introdución do Proxecto Ríos, falouse da ficha de campo para a inspección e tamén se mencionou e se ensinou as diferentes fichas de fauna e flora que se utilizan nas inspeccións para a identificación desta biodiversidade.
Deseguido María Viñas, ilustradora científica, que traballa para varias editoriais especializadas na publicación de carácter médico e científico, e tamén outros de carácter publicitarios e artísticos, que na actualidade, está traballando con ADEGA para renovar as ilustracións das fichas que se utilizan nas saídas de campo do Proxecto Ríos, realizou unha charla sobre a súa traxectoria laboral. María falounos da súa traxectoria como ilustradora, como foi o paso polos diferentes postos de traballo e polos diversos campos dos que ahora se considera especialista tras ter que informarse para poder ilustrar o que lle pedían. A charla rematou coa proposta de debuxar, neste caso facilitaronse imaxes de Ginkgo biloba (Ginkgo), Motacilla alba (Lavandeira), Cinclus cinclus (merlo rieiro), Oryctus nasicornis (escarabello unicornio), Carcinus maenas (Cangrexo de mar), entre outros.
Por útimo, o curso rematou cunha saída ao campo para a recollida de macroinvertebrados, que logo foron identificados polas persoas participantes. Ao pé do río Pego explicouse como facer a captura dos macroinvertebrados e a súa función no ecosistema fluvial. Unha vez recollidas as mostras levaronse ata o laboratorio do IES onde se fixo o recoñecemento das diferentes familias empregando as fichas de identificación.
Para concluír a xornada fíxose unha posta en común, expoñendo cales eran as familias atopadas e como proceder para dar a calidade ao río.
Ás 14:30h finalizouse a xornada.