Queridas amigas e amigos do Proxecto Ríos:
Queremos compartir con vós que Augas de Galicia vén de retirar o seu apoio económico e institucional a todo o programa de actividades de Proxecto Ríos para o ano 2024. Por este motivo poñemos en marcha esta campaña de apoio para facer un chamamento ás administracións públicas e a todos aqueles organismos con competencias en educación ambiental, voluntariado e conservación dos ríos e augas, para que invistan no proxecto de educación e voluntariado ambiental con maior traxectoria e implantación en Galiza, garantindo a súa continuidade futura.
ACTUALIZACIÓN: XA SUPERAMOS AS 500 SINATURAS. AXÚDANOS A CONSEGUIR AS 1000! ASINA.
Con este propósito, promovemos a campaña #euqueroproxectorios dentro da cal se pode amosar o apoio de tres maneiras:
- Asinando o formulario de apoio que aparece arriba.
- Nas redes sociais. Empregando a imaxe da campaña #euqueroproxectorios para facer unha publicación ou poñela nas ‘stories’.
- Asinando a carta de apoio (destinada a aquelas entidades e grupos que participan no Proxecto Ríos) e enviándoa por correo electrónico a proxectoriosgaliza@gmail.com
Aproveitamos para manifestar o noso profundo agradecemento a todas as persoas e entidades que forman parte desta gran comunidade ambiental ligada ao coidado dos ríos galegos por amosarnos o seu apoio e confianza ao longo destes anos.
Continuamos “Unindo Ríos e Persoas”!
