O pasado sábado día 2 de xullo celebrouse en Carral a 18ª edición dos encontros de voluntariado do Proxecto Ríos. Estas actividades teñen como obxectivo compartir experiencias entre o voluntariado do proxecto arredor dos ríos. En anos anteriores os encontros estaban destinados a coñecer diferentes actividades que os grupos desenvolven durante as súas inspeccións. Tamén