O 15 de abril deu comezo a campaña de inspeccións do Proxecto Ríos de primavera de 2021 e se estenderá ate o 31 de maio. Durante as campañas de inspección o voluntariado participante sae aos seus treitos de río para facer o estudo da calidade ecolóxica. Tamén durante as campañas organizamos diferentes actividdades. Para esta primavera temos programado o curso de formación de coordinadores, o Encontro de Voluntariado, e outras actividades.
Cos datos recollidos polo voluntariado o Proxecto Ríos elabora o Informe Anual.