Continuamos este ano cos Campos de Voluntariado para a eliminación de EEI no río Tea.
Será a fin de semana do 21, 22 e 23 de maio. Realizaremos labores de seguimento da presenza de flora exótica invasora nos 3 Km de río que ten custodiados o Proxecto Ríos, eliminanado manchas de Acacia dealbata, A. melanoxylon ou Phytolacca americana, entre outras. Tamén miraremos noutras zonas de traballo de anos pasados para eliminar os prosibles rebrotes.
O voluntariado terá cubertos os gastos de aloxamento (Albergue Alentea), manutención, contará cun seguro de accidentes e disporá da ferramenta axeitada. As prazas son limitadas. É preciso inscribirse.

Xa podes anotarte ao campo de voluntariado enviando a ficha de inscrición a ramses@adega.gal ou chamando ao 981 57 00 99
Descarrega a Ficha de Inscrición
Descarrega o Cartaz do Campo