O vindeiro 12 de xuño retomamos os Roteirríos, actividaddes nas que poñemos en valor diferentes ríos do noso territorio.
O Roteirríos de primavera estará adicado, desta volta, a coñecer as Reservas Naturais Fluviais da demarcación hidrográfica de Augas de Galicia.
Visitaremos o Río Ouro, Rego da Furna na Serra do Xistral lugar de interese comunitario da Rede Natura 2000, para coñecer a súa biodiversidade.
Programa da xornada:
10.30 Encontro praza do concello de Abadín
11.00 Comezo da ruta
14.30 Xantar
16.00 Continuación do roteiro
18.00 Remate da actividade
Prazas limitadas. Máis Info e inscricións:
ramses@adega.gal
616 238 050