• 981 57 00 99
  • info@proxectorios.org
spankbang www.pornhub.black xvideis

Roteiro interpretativo na Mariña Lucense

  • Estado da actividade:Actividade rematada
  • Data de inicio:21/09/2024
  • Data de finalización:21/09/2024
  • Organizadores:ADEGA, Proxecto Ríos
  • Categoría:Roteirríos
Ciencia cidadá, Roteirríos

Roteiro interpretativo na Mariña Lucense

O sábado 21 de setembro realizaremos un Roteirríos na Mariña Lucense. Roteirríos é un programa de itinerarios que pretende unir ríos e persoas nun ambiente lúdico e que se desenvolve dentro do Proxecto Ríos.

Achegarémonos a coñecer a contorna do Regato de Santo Estevo de Ermo, un dos principais afluentes do río Masma. Poderemos coñecer e observar os valores naturais e patrimoniais que ofrece este enclave, así como as accións de custodia do territorio que desenvolven as entidades Mariña Patrimonio, Fundación Eira da Xoana e a Irmandade de Santo Estevo.

Entre as actividades previstas, ademais do roteiro, faremos unha visita á finca de custodia; achegarémonos á ermida de Santo Estevo do Ermo e á fervenza; tamén aproveitaremos para realizar unha inspección do Proxecto Ríos e coñecer o estado de saúde do rego, así como unha recollida dos residuos que vaiamos atopando.

PROGRAMA:

10:00 Presentación e introdución da xornada.

10:15 Inicio do roteiro.

11:30 Valoración da calidade do bosque de ribeira e posta en común dos datos.

12:30 Análise de macroinvertebrados.

14:15 Fin da xornada.

Durante a actividade, aproveitaremos para recoller lixo no marco da XVII Limpeza de Ríos de ADEGA, Móllate polos Ríos.

Esta actividade é gratuíta máis é preciso inscribirse. Podes facelo a través deste FORMULARIO

Tamén enviando un correo a Bibiana Lorenzo: adegamarinha@adega.gal

CARTAZ DA XORNADA

Esta é unha actividade financiada por Augas de Galicia

trydildo.net amateurfetishist.com todominate.org