Durante as campañas de inspección de ríos o Proxecto Ríos desenvolve cursos de formación para fornecer ao voluntariado participante na metodoloxía de recollida e na identificación de macroinvertebrados, animais bioindicadores que empregamos para determinar a calidade ecolóxica do río e outros aspectos que poden ser de interese sobre os ecosistemas fluviais. O curso de formación de outono na demarcación de Galicia Sur de 2024 realizarase no IES de Soutomaior o sábado 28 de setembro.
Nesta xornada coñeceremos tamén a aplicación do Proxecto Ríos como programa de aprendizaxe nos centros de ensino.
O programa será o seguinte:
9:50 h-. Recepción de participantes
10:00 h-. Presentación do Proxecto Ríos e entrega de material. Persoal do Proxecto Ríos
10:30 h-. O Proxecto Ríos como proxecto de aprendizaxe nos centros de ensino. Andrea Vázquez e Susi Veiga, profesoras de Física e Química do IES Pontecaldelas
11:15 h-. Descanso
11:30h-. Saída ao río para recollida de macroinvertebrados
12:30h-. Identificación de macroinvertebrados. Alejandro Polina, entomólogo e investigador do grupo de Bioloxía ambiental da Universidade de Vigo
14:00h-. Peche do curso
O curso é gratuíto, mais é preciso inscribirse a través do seguinte formulario: https://forms.gle/YKGYbNoHUPbk2rMS8
Esta actividade conta co financiamento de Augas de Galicia
Máis información: marialafuente@adega.gal