Este ano 2019 celebramos a duodécima edición das limpezas simultáneas de río. Son xa doce anos nos que milleiros de persoas teñen participado nesta xornada de retirada de lixo dos nosos cursos fluviais. Milleiros de quilos de residuos foron quitados dos nosos ríos e ribeiras polo voluntariado participante.
O domingo 29 de setembro é a data na que se realizará a actividade. Para participar podes unirte a algún grupo organizado preto do teu concello ou ben promover a limpeza nun río actuando de coordinador/a. Na web da limpeza iremos informando dos lugares onde se desenvolverá a XII Limpeza Simultánea de Ríos.
Anímate a participar!!
Chama ou envía un e-mail aos seguintes contactos:
Teléfonos: 981 57 00 99 / 619 672 038
e-mail: pacobanhobre@adega.gal
proxectoriosgaliza@gmail.com