• 981 57 00 99
  • info@proxectorios.org
spankbang www.pornhub.black xvideis

Xornada de Formación do Proxecto Ríos en Soutomaior

  • Estado da actividade:Actividade rematada
  • Data de inicio:28/09/2024
  • Data de finalización:28/09/2024
  • Organizadores:ADEGA, Proxecto Ríos
  • Categoría:Curso de Formación
Formación

Xornada de Formación do Proxecto Ríos en Soutomaior

Durante as campañas de inspección de ríos o Proxecto Ríos desenvolve cursos de formación para fornecer ao voluntariado participante na metodoloxía de recollida e na identificación de macroinvertebrados, animais bioindicadores que empregamos para determinar a calidade ecolóxica do río e outros aspectos que poden ser de interese sobre os ecosistemas fluviais. O curso de formación de outono na demarcación de Galicia Sur de 2024 realizarase no IES de Soutomaior o sábado 28 de setembro.

Nesta xornada coñeceremos tamén a aplicación do Proxecto Ríos como programa de aprendizaxe nos centros de ensino.

O programa será o seguinte:

9:50 h-.  Recepción de participantes

10:00 h-. Presentación do Proxecto Ríos e entrega de material. Persoal do Proxecto Ríos

10:30 h-. O Proxecto Ríos como proxecto de aprendizaxe nos centros de ensino. Andrea Vázquez e Susi Veiga, profesoras de Física e Química do IES Pontecaldelas

11:15 h-. Descanso

11:30h-. Saída ao río para recollida de macroinvertebrados

12:30h-. Identificación de macroinvertebrados. Alejandro Polina, entomólogo e investigador do grupo de Bioloxía ambiental da Universidade de Vigo

14:00h-. Peche do curso

O curso é gratuíto, mais é preciso inscribirse a través do seguinte formulario: https://forms.gle/YKGYbNoHUPbk2rMS8

Esta actividade conta co financiamento de Augas de Galicia

Máis información: marialafuente@adega.gal

Cartaz da Xornada

trydildo.net amateurfetishist.com todominate.org