O 15 de novembro rematou a campaña de inspeccións correspondente ao outono. Durante este periodo desenvolvemos varias actividades como a XIII Limpeza Simultánea de Ríos e o XXXI Curso de Formación, así como un bo feixe de saídas formativas cos grupos. No Facebook do Proxecto Ríos podedes seguir estas actividades case a tempo real.
Durante o mes de decembro e o primeiro trimestre de 2021 procesaremos a información das inspeccións de 2019 e 2020 para elaborar o informe anual do Proxecto Ríos. Pedímosvos, como sempre, que nos enviedes os resultados das mesmas, que podedes facelo a través do e-mail ou a través do Xeovisor do Proxecto Ríos.
Agradecer unha vez máis o compromiso no estudo e conservación dos nosos ríos a todo o volntariado participante.