O 1 de xuño rematou a campaña de primvera do Proxecto Ríos. Aínda así tendes uns días para saír aos ríos a facer as inspeccións. O xeoportal do Proxecto Ríos está operativo polo que podedes inserir os resultados das inspeccións accedendo a través da seguinte ligazón: Xeovisor do Proxecto Ríos.
A data límite para inserir os datos é o 30 de novembro de 2021. Se non tes o teu usuario e contrasinal, contacta coa coordinación do programa: proxectoriosgaliza@gmail.com para conseguilos.
Durante esta campaña realizamos o Curso de Formación, o Campo do Río Tea e unha boa cantidade de Saídas Formativas cos grupos. Podedes ver no Facebook e Instagram do Proxecto Ríos fotos e máis info desas actividades.
Durante este mes de xuño organizamos máis accións arredor dos ríos que anunciaremos no boletín Gardarríos, como o Roteirríos ou o Encontro de Voluntariado. Se queres recibir as novas que publicamos no boletín, inscríbete no Gardarríos!! Envíanos un correo: proxectoriosgaliza@gmail.com
Tamén para o mes de xullo iniciararemos a divulgación da XIV Limpeza de Ríos.