O pasado 15 de xuño rematou a campaña de primavera do Proxecto Ríos. O xeoportal do Proxecto Ríos está operativo polo que podedes inserir os resultados das inspeccións accedendo a través da
seguinte ligazón: Xeovisor do Proxecto Ríos.A data límite para inserir os datos é o 30 de novembro de 2024. Se non tes o teu usuario e contrasinal, contacta coa coordinación do programa: proxectoriosgaliza@gmail.com para conseguilos.Durante esta campaña realizamos o Curso de Formación, un Campo de voluntariado no Río Tea e unha boa cantidade de Saídas Formativas cos grupos. Podedes ver no Facebook e Instagram do Proxecto Ríos fotos e máis info desas actividades.Durante este mes de xullo organizaremos algunha acción máis arredor dos ríos que anunciaremos no boletín Gardarríos, relacionados por unha banda co proxecto Fluviatilis: custodia para a resiliencia e por outra coas actividades que facemos coa Deputación da Coruña e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil.Iniciaremos a divulgación da XVII Limpeza Simultánea de Ríos dentro da campaña Móllate polos ríos.Se queres recibir as novas que publicamos no boletín, inscríbete no Gardarríos!! Envíanos un correo: proxectoriosgaliza@gmail.comTamén para o mes de xullo