• 981 57 00 99
  • info@proxectorios.org
spankbang www.pornhub.black xvideis

Campaña de Outono 2024

  • Estado da actividade:Prazo de inscricón aberto
  • Data de inicio:15/09/2024
  • Data de finalización:31/09/2024
  • Organizadores:ADEGA
  • Categoría:Campaña de outono, inspeccións
Ciencia cidadá, Inspeccións, Voluntariado

Campaña de Outono 2024

O 15 de setembro dá comezo a campaña de inspeccións do Proxecto Ríos de outono de 2024 e se estenderá ate o 31 de outubro. Durante as campañas de inspección o voluntariado participante sae aos seus treitos de río para facer o estudo da calidade ecolóxica. Para iso recibirán no seu domicilio os reactivos necesarios para as análisis fisico químicas. Se precisas o material de campo para as inspeccións podes contactar con nos. Na zona de descargas da web poderedes atopar ficha de campo para anotar os resultados das vosas inspeccións.

Durante as campañas organizamos diferentes actividades. Para este outono temos programados varias xornadas de formación para o voluntariado e persoal das administracións; a XVII Limpeza Simultánea de Ríos. Tamén realizaremos saídas formativas cos grupos que o soliciten e volveremos a participar no Plan Proxecta da Consellería de Educación. Haberá campos de voluntariado para a eliminación de EEI e roteiros divulgativos.

De momento temos programadas as seguintes actividades formativas:

  • O 28 de setembro no concello de Soutomaior, demarcación Galicia Sur
  • O 19 de outubro no concello de Cerdedo-Cotobade, demarcación Galicia Sur
  • O 5 de outubro na demarcación da Mariña lucense

Iremos anunciando tanto na web de ADEGA como na do Proxecto Ríos a información para poder participar nestas e outras actividades. Tamén a través do boletín Gardarríos iremos anunciando as actividades. Se non estás inscrita/o a esta lista de distribución e queres facelo, envía un correo a proxectoriosgaliza@gmail.com

Para solicitar unha saída formativa, escribe un mail a: proxectoriosgaliza@gmail.com

Podes chamar tamén ao teléfono 981 57 00 99

Proxecto Ríos reforza o seu apoio institucional

Logo de que o ano pasado Augas de Galicia dese por finalizado o convenio con ADEGA para o desenvolvemento das actividades de Proxecto Ríos tras case 20 anos de colaboración, ADEGA conseguiu acadar novos apoios institucionais para o proxecto.

Durante este 2024 Proxecto Ríos conta co apoio da Deputación provincial da Coruña e está en vía de renovar a colaboración coa Confederación Hidrográfica Miño- Sil (CHMS).

Alén disto, ADEGA foi beneficiaria da convocatoria de axudas feita por Augas de Galicia para o desenvolvemento dun programa que divulgue os valores naturais dos ecosistemas fluviais nas zonas Sur e da Mariña da bacía hidrográfica Galicia-Costa.

Desde ADEGA queremos expresar o noso fondo agradecemento a todos os centos de persoas e colectivos que contribuíron  co seu apoio á campana “Eu quero Proxecto Ríos” a acadar unha maior implicación das institucións públicas co programa de custodia fluvial de ríos máis implantado e con maior traxectoria do país.

trydildo.net amateurfetishist.com todominate.org