Estamos preparando o próximo campo de voluntariado ambiental no río Tea. Será o 24, 25 e 26 de maio, e dará continuidade aos campos de voluntariado que levan celebrándose dende o 2007. Durante este tempo temos actuado sobre diferentes especies de invasoras na ribeira do río Tea grazas a axuda de voluntarios e voluntarias. Para a realización destes VIII Campos de Voluntariado contamos co financiamento da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.
A pasada fin de semana, 11 e 12 de maio, levouse a cabo o segundo Roteirríos de 2013. Desta volta quixemos achegarnos ata os canóns dos ríos Mao e Sil na Ribeira Sacra, lugares que albergan unha enorme biodiversidade no interior de Galicia.
Podes ver máis fotos no seguinte enlace: Album Google
A fin de semana do 11 e 12 de maio o Proxecto Ríos organiza o segundo roteirríos do 2013. Desta volta achegarémonos á Conca do Sil para coñecer o seu patrimonio fluvial, as súas paisaxes e biodiversidade. O roteirríos será de dous días, a noite do sábado ao domingo a pasaremos no Albergue da Fábrica da Luz en Parada de Sil, equipamento turístico aberto recentemente ubicado nunha antiga fábrica da luz deste concello.
O pasado domingo, 28 de abril de 2013, realizouse o primeiro Roteirríos 2013. Desta volta realizamos o itinerario polo curso alto do río Lérez, no concello de Forcarei. Logo de adiar o roteiro en dúas ocasións polo mal tempo, á terceira foi a vencida. Iniciamos o Roteiro quedando cos participantes na vila de Forcarei para desprazarnos en coches ata a aldea de Dúas Igrexas. Dende alí comezamos a camiñar cara o río que pasa a escasos 500m de dito lugar.
O Proxecto Ríos ven de celebrar o XVII Curso de Formación para Coordinadores de Grupo o pasado sábado día 27 de abril na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con. Estes cursos teñen o obxectivo de facilitar a realización das inspeccións de río por parte do voluntariado participante e están, como sempre, centrados na identificación de macroinvertebrados. Ademais, desta volta, adicamos un espazo para coñecer iniciativas e actividades de voluntariado e educación ambiental nos cursos fluviais.
O próximo día 27 de abril, sábado, terán lugar na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con (Vilagarcía de Arousa), as XVII Xornadas de Formación de Coordinadores/as do Proxecto Ríos. Falaremos de proxectos de educación e voluntariado ambiental nos cursos fluviais, e contaremos coa presenza de Pilar Monterrubio, responsable do Seminario de Voluntariado en Ríos do CENEAM. Aproveitaremos tamén para facer entrega do material do Proxecto Ríos aos novos grupos participantes. A sesión de tarde estará dedicada, como outros anos, ao recoñecemento dos macroinvertebrados, epecies fundamentais no noso traballo.
O 15 de abril dará comezo a campaña de primavera do Proxecto Ríos que se extenderá ate o 31 de maio. A primavera parece que por fín chegou polo que vos animamos a que saíades ao vosos treitos de río para facer as inspeccións. Acordádevos de enviar os datos obtidos ao Proxecto Ríos coa finalidade de elaborar o informe anual do estado de saúde dos ríos galegos. Os novos grupos podedes solicitar unha saída formativa no río que escolléchedes.
Recordarvos que o Curso de Formación será o día 27 de abril na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con, podedes anotarvos contactando coa coordinación do Proxecto Ríos.
Se estás interesado en participar neste proxecto ponte en contacto coa coordinación do programa
O novo proxecto de ADEGA: Charcas con Vida convoca a primeira xornada de voluntariado que se celebrará o día 13 de abril. O lugar escollido para esta iniciativa será a Eira da Xoana (Agolada, Pontevedra), onde ADEGA posúe un equipamento de educación ambiental que ten como un dos seus fins achegar á cidadanía galega o medio rural. Durante a xornada crearase unha Charca didáctica para o que se convoca unha xornada de voluntariado ambiental. Podes descargar o Cartaz nesta ligazón Cartaz Charcas.pdf