CalendaRío 2013 Imprimir E-mail
Como todos portada_calendario.jpgos anos dende o Proxecto Ríos publicamos o CalendaRío coas actividades máis salientables para este novo ano. En 2013 queremos dedicarlle un espazo ás especies exóticas invasoras que habitan nos nosos cursos fluviais para poñer o acento no perigo que supoñen estas plantas e animais para a biodiversidade. Dende o 2007 o Proxecto Ríos leva divulgando esta problemática e o voluntariado, nas súas inspeccións, realiza un inventario da presenza que estas especies teñen nos nosos ríos. Este calendario foi enviado gratuitamente a todos os participantes do Proxecto Ríos. Tamén se pode descarregar en PDF na seguinte ligazón: CalendaRio_2013.pdf.
 
< Anterior   Seguinte >
go to top