Concurso Informe do Estado de Saúde dos Ríos Galegos Imprimir E-mail
imagen1_1.jpgO Proxecto Ríos premia o teu interese polo estado dos nosos ríos. Se lle botas un ollo ao Informe do Estado de Saúde dos Ríos Galegos de 2012, poderás contestar ás cinco preguntas que formulamos. Entre as persoas que acerten ao contestar esas cinco preguntas sortearemos dous libros da Editorial A Nosa Terra da colección Espazos Naturais. Serán os libros “Augas Caídas Fervenzas de Galiza” e “Os Ríos de Galiza”.
Preguntas:
1. As Especies exóticas invasoras son unha das principais ameazas para a biodiversidade dos nosos ríos. En 2012 nunha das concas estudadas aumentou significativamente a presenza destas especies exóticas. Cal foi?
 
2. A Limpeza Simultánea de Ríos é unha actividades na que participan numerosas persoas e colectivos de toda Galiza. En 2012 cantas entidades participaron e canto lixo se retirou nos nosos ríos?
 
3. Cales son os impactos máis facilmente detectables nun ecosistema fluvial?
 
4. O bo funcionamento do ecosistema fluvial pasa por que dito ecosistema posúa un bosque de ribeira ben desenvolvido. Nos últimos anos se ven establecendo unha tendencia cara a degradación das marxes dos nosos ríos. O índice empregado polo voluntariado é o QRISI. Que parámetros valora dito índice para determinar a calidade do bosque de ribeira?
 
5. En canto á calidade dos ríos, cales foron os que se atoparon con saúde deficiente?
 

Envía as túas respostas, cos teus datos persoais (nome completo, correo electrónico e teléfono) ao correo electrónico: ).

O día 14 de febreiro faremos o sorteo entre os participantes que resposten correctamente ás cinco preguntas.O nome da persoa gañadora será publicado na web.

ANÍMATE A PARTICIPAR!!

< Anterior   Seguinte >
go to top