XVIII Xornadas de Coordinadores/as de Grupo do PR Imprimir E-mail
imagen1.jpgO próximo día 28 de setembro, sábado, terán lugar na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con (Vilagarcía de Arousa), as XVIII Xornadas de Formación de Coordinadores/as do Proxecto Ríos. A temática do curso desta volta será a flora e vexetación dos ríos galegos, a cargo de Xurxo Mouriño de Arcea. Aproveitaremos tamén para facer entrega do material do Proxecto Ríos aos novos grupos participantes. A sesión de tarde estará dedicada, como outros anos, ao recoñecemento dos macroinvertebrados, epecies fundamentais no noso traballo.

Programa das XVIII Xornadas de Formación:

11.00: Chegada e entrega de material.

11.15: Estado do Proxecto Ríos.

12.00: Introducción á vexetación e á flora dos ríos galegos. Xurxo Mouriño - Arcea.

14.00: Xantar.

15.30: Saída ao río e recoñecemento de macroinvertebrados.

19.00: Clausura do curso.

O curso é gratuito. O número de prazas é limitado, polo que é preciso inscribirse, tanto por teléfono: 981 57 00 99, como por correo electrónico:

Podes tamén descarregar o cartaz do curso: XVIII_Formacion_Outono_2013.pdf

< Anterior   Seguinte >
go to top