Roteirríos polo Limia. Imprimir E-mail
roteirrios_limia.jpgO vindeiro sábado 26 de outubro, convocamos o Roteirríos de outono, que desta volta estará adicado a coñecer diferentes ecosistemas doceacuícolas da comarca limiá. Na xornada, realizaremos un roteiro polo río Limia, achegándonos a súa biodiversidade. Coñeceremos tamén unha iniciativa de restauración realizada nunha das areeiras de Sandiás. A visita será guiada polo biólogo e restaurador de ecosistemas Diego R. Vieites (Verdegaia).

 

 

Programa da Xornada

10.30 Encontro en Xinzo de Limia (Estación de autobuses)

11.00 Comezo do roteiro na Ponte da Rúa (Rairiz/Porqueira)

14.30 Parada para xantar na carballa da Rocha (A Saínza)

16.00 Visita ás areeiras de Sandiás

17.30 Observación de aves

19.00 Remate da actividade

A actividade, organizada por Proxecto Ríos, está promovida por Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) e Augas de Galicia coa colaboración de Verdegaia. Podes descargar o cartaz: Roteirrios_Rio_Limia_2013_pdf.pdf.

A actividade é gratuita pero é preciso inscribirse. Para máis info e inscricións:

981 57 00 99

< Anterior   Seguinte >
go to top